lunes 30/11/20

O DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA EN OURENSE REUNÍUSE CO ALCALDE DE SANDIÁS

O alcalde de Sandiás, Felipe Travso , foi recibido polo novo responsable da Xunta en Ourense.

Delegado da Xunta co alcalde de Sandiás

Felipe Traveso, alcalde de Sandiás co delegado da Xunta en Ourense

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continuando  coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial, recibiu ao alcalde de Sandiás.

Os principais asuntos que trataron  o delegado e o rexedor, Felipe Traveso, foron en materia de infraestruturas varias para o concello. O delegado destacou recentes inversións como a mellora da eficiencia enerxética na casa do concello, das infraestruturas do PAI así coma en materia de prevención e defensa contra incendios.