A GNR e a Garda Civil levan a cabo un control conxunto na A-52 á altura de Sandiás

trafico
A GNR e a Garda Civil levan a cabo un control conxunto na A-52 á altura de Sandiás

A Gardia Nacional Republicana de Portugal e a Garda Civil de Tráfico levaron a cabo un control de maneira conxunta durante a xornada do martes. Foi na A-52 no acceso a Sandiás e fíxose coa intención de desenvolver un dispositivo de intercambio de información e protocolos.

Os axentes portugueses comprobaron de primeira man como se fai un test de saliva de drogas que no seu país faise con análise de sangue.

O operativo vaise por en marcha de cada tres meses froito dun proxecto de colaboración entre os dous países.

Neste control denunciáronse ata 50 condutores por exceso de velocidade, dous por drogas, cinco vehículos con exceso de peso e dous condutores profesionais que excederon o tempo de condución legal. Tamén se denunciaron outras oito persoas ó volante por ter os neumáticos en mal estado.

No operativo participaron un sarxento axudante, tres cabos e dous guardias principais de tráfico da GNR . Pola parte da Garda Civil estiveron presentes un tenente, un sarxento primeiro, tres cabos e 14 gardas civís de Ourense.

O vindeiro control terá lugar en Portugal.