domingo 19/9/21

III EDICIÓN DO CAMPUS SALVA ARCO NON POLIDEPORTIVO DO CONCELLO DE SANDIÁS ⠀

Comezou o domingo 1 de agosto
foto4.prensa

O domingo, 1 de Agosto pola tarde, no polideportivo do  Ceip de Sandiás, despois dunha presentación do equipo de adestradores e organizadores acompañados de xogadores e familias, comezou o CAMPUS e con iso un tempo cheo de diversión, amigos e, sobre todo, práctica do baloncesto. Durante a tarde leváronse a cabo as primeiras probas para establecer o nivel dos mozos e mozas que participan no campus de baloncesto e establecer as agrupacións que actuarán nos próximos días.

Nesta terceira edición os organizadores queren seguir ofrecendo unha experiencia máis innovadora, única e inesquecible de excelencia relacionada cos coñecementos e habilidades da práctica do baloncesto. As instalacións deportivas estarán situadas no polideportivo municipal de Xinzo de Limia, con instalacións versátiles para a práctica do  basket e do  minibasket e o aloxamento para os xogadores e xogadoras da modalidade interno, os técnicos e membros da organización estará emprazado nas instalacións do  Ceip de Sandiás, un lugar cómodo e acolledor centro onde levarán a cabo veladas  nocturnas, xincanas, talleres, convivencia e demais actividades.

Ao  Concello de Sandiás énchelle de orgullo a presenza de Campus Arco e colaborar cunha experiencia educativa tan interesante para a formación dos mozos e mozas que participan no mesmo.