Novo saneamento na aldea de Vilariño das Poldras

Entrada do novo saneamento en Vilariño das Poldras (Sandiás)
Novo saneamento na aldea de Vilariño das Poldras
O concello de Sandiás investiu 100.000 € na súa renovación

Esta actuación foi obxecto de resolución de concesión dunha subvención da Xunta de Galicia, Augas de Galicia, de conformidade coas resolucións do 12 de marzo de 2021 e resolución do 19 de Abril de 2021, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do programa Feder Galicia 2014-2020.

O importe total da actuación licitada é de 95.188,51 Euros, dos cales 50.000 Euros achégaos Augas de Galicia e o resto é achegado a través de recursos eonómicos do propio Concello de Sandiás. A obra foi adxudicada a Escavacións P.PROL, S.L.U.

Esta actuación consiste na mellora da rede de saneamento no núcleo de Vilariño das Poldras e, en particular, preténdese derivar os caudais de augas residuais que chegan a antiga EDAR situada nas inmediacións da canle principal da Lagoa de Antela ata a nova EDAR de Santa María de Couso.

Para iso contémplase a demolición da primeira EDAR e interceptar o coleptor que desemboca nesta cun novo pozo de bombeo. Desde o novo pozo de bombeo executarase unha rede de impulsión que conducirá as augas residuais ata conectar co colector xeral de Vilariño-Couso de Limia. A partir de aí o caudal de augas residuais discorrerá por gravidade ata a nova EDAR que recollerá todos os caudais de augas residuais da parroquia de Santa María de Couso de Limia.

Ditas actuacións enmárcanse no proxecto de mellora da rede de saneamento que o concello de Sandiás pretende renovar nos últimos anos dotando ás aldeas de equipamentos mínimos renovados que melloren a calidade de vida dos seus veciñ@s e as condicións ambientais da contorna.