O pleno de Sandiás insta ó Presidente da Deputación de Ourense a que reciba institucionalmente ó seu alcalde

foto 1
O pleno de Sandiás insta ó Presidente da Deputación de Ourense a que reciba institucionalmente ó seu alcalde
O PP, presentou unha moción alternativa que foi rexeitada polos concelleiros de aAGRELSAN

No día de onte luns, 31 de maio do 2021, celebrouse en Sandiás un pleno ordinario no que o portavoz de AGRELSAN levou unha moción pola que, se requiría ó presidente da deputación de Ourense D. JOSÉ MANUEL BALTAR BLANCO, para que á maior brevidade posible, proceda a entrevistarse co Alcalde do concello de Sandiás, dado que fai xa case dous anos que non o recibe, tendo en conta que vai alá máis de un ano de pandemia e ten a necesidade de transmitirlle ás necesidades dos seus veciños, amosando claramente a súa vontade de colaboración co concello de Sandiás, COOPERACIÓN DA QUE TANTO PRESUME.

Como medidas adicionais, considerando o trato discriminatorio que se lle está a dar ó concello de Sandiás, en comparación con outros concellos, remitirase esta moción unha vez aprobada polo pleno, ó SR. PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA, Á SRA. VALEDORA DO POBO EN GALICIA E Ó VALEDOR DO POBO EN MADRID, E NO PROPIO PLENO ACORDOUSE, A PROPOSTA DO ALCALDE, remitila ás institucións da Comunidade Europea que se equiparen ó VALEDOR DO POBO.

VOTO EN CONTRA DOS CONCELLEIROS DO PP

A moción foi aprobada únicamente cos votos a favor do grupo AGRELSAN, votando en contra os concelleiros do PARTIDO POPULAR. O voceiro do PARTIDO POPULAR presentou unha ENMENDA DE SUSTITUCIÓN, que foi debatida tamén oportunamente no pleno e a cal foi rexeitada cos votos en contra dos concelleiros de AGRELSAN, votanto a favor os concelleiros do PARTIDO POPULAR.

No pleno tamén se aprobou unha modificación de crédito para acometer a parte que lle corresponde aportar ó CONCELLO DE SANDIAS no convenio que vai a suscribir coa CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑO SIL, para o arranxo de dúas fosas sépticas no pobo de CERREDELO.