Os Reis Magos visitaron o concello de Sandiás esta mañá

6
Os Reis Magos visitaron o concello de Sandiás esta mañá
O prazo para solicitalo remata mañá día 5 ás 12 da mañá

Declararon estar “sorprendidos coa amabilidade da xente de Sandiás e namorados da decoración realizada con materiais reciclados”

O alcalde do Concello de Sandiás, Felipe Traveso, recibiu na Casa do Concello aos Reis Magos de Oriente, nun encontro cheo de maxia e de ilusión. Melchor, Gaspar e Baltasar declaran que están “sorprendidos coa amabilidade da xente de Sandiás e namorados da decoración realizada con materiais reciclados”. Sen dúbida, volverán no 2021.

Todas as nais e pais que desexen que os Reis Magos visiten na casa aos seus fillos teñen que notificalo antes do 5 de xaneiro ás 12 do mediodía. Como?

5Enviando unha mensaxe privada a este perfil de Facebook
Chamando ou enviando un WhatsApp ao 988 465 001
Na mensaxe teñen que indicar os seguintes datos:
Nome e Apelidos do pai ou a nai
Nome do neno/a
Enderezo
Teléfono de contacto
* Só para cativos menores de 12 anos.
* Manteremos todas as medidas de seguridade anti-covid