Renovación na área recreativa de Arcos (Sandiás)

Área recreativa de Arcos (Sandiás)
Renovación na área recreativa de Arcos (Sandiás)
Este tipo de actuacións forman parte dun proxecto do equipo de goberno

Concluíron todas as actuacións de mellora nesta parcela que tiveron por obxecto renovar un área recreativa adaptada as necesidades dos veciños e veciñas de diferentes idades. O orzamento de execución foi de 24.145,55 euros que aportou a Red Natura e o propio Concello de Sandias. A área recreativa quedou conformada por tres espazos diferentes: unha primeira zona de mesas adaptada a diversos usos; unha segunda zona que conterá unha fonte máis un espazo añadido destinado a actividades para adultos con elementos biosaludables e, por último, a terceira zona estará adicada a zona de xogos infantis.

Parque infantil de Arcos
Parque infantil de Arcos

Este tipo de actuacións forman parte dun proxecto do equipo de goberno por crear e conservar de xeito progresivo este tipo de recursos e infraestruturas recreativas nas diferentes aldeas do concello coa finalidade de fomentar espazos ao aire libre para xantar merendar e descansar, diversas zonas de xogo para os nenos e meniñas ou instrumentos para o exercicio físico biosaudable para todos os veciños e veciñas, especialmente os máis maiores.