martes 21/9/21

Sandiás arranxa a pista entre Couso de Limia e Cerredelo coa axuda da Xunta

O obxectivo desta actuaciónn foi principalmente a limpeza de cunetas e alfaltado da estrada
foto 1. portada

Fruto do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Sandiás, levaronse a cabo as obras da estrada que comunica a aldea de Couso de Limia coa aldea de Cerredelo, no Concello de Sandiás.  Este proxecto contou cun orzamento de 30.081.21 Euros, que corre ó 100% por conta da Consellería. Foi licitada e adxudicada a empresa CONSTRUCCIONES Y EXCAVACIONES CRUZ VAL, SL.

O obxectivo desta actuaciónn foi principalmente a limpeza de cunetas e alfaltado da estrada para lograr unha mellor calidade do servizo á poboación e satisfacer a demanda existente. O Concello de Sandiás está inmerso últimamente en varias obras de mellora en materia de abastecemento e saneamento coa finalidade de renovar as redes de saneamento e abastecemento deterioradas con tempo así como arranxo de pistas, camiños e obras en rúas e estradas de diversas aldeas do concello.