Sandiás enche o outono/inverno de actividades

Felipe Traveso e compañeira de corporación
Sandiás enche o outono/inverno de actividades
O Concello de Sandiás presenta a programación para o Outono-Inverno Culturais 2022

O Concello organiza vinte e tres actividades de distinta natureza entre os meses de outono e inverno pensadas para toda a familia e públicos con temáticas variadas. No marco desta programación cultural, terán lugar actividades de educación ambiental na Casa da Lagoa (voluntariado para a recollida de lixo nas aldeas, exposición “Sin diversidade non hai vida” coa colaboración de Ecoloxistas en Acción Ourense e Amigas das Cegoñas), actividades culturais e educativas (obradoiro de pintura e restauración, ximnasia de mantemento, magosto popular, xornadas micolóxicas, xornadas de patrimonio inmaterial sobre traxes tradicional, proxecto de dinamización comunitaria no local social do Concello, espectáculo familiar de maxia, entroido co IV Trouleando por Sandiás…), campaña de Nadal coordinada coas parroquias (recollida de alimentos), exposicións e I concerto de Nadal na Igrexa de Santo Estevo (Coro de Cámara Madrigalia), ofrecendo a posibilidade de disfrutar de boa música nunha nave con magnífica sonoridade e cun fermoso retablo de Francisco de Moure e unha porta de acceso ao templo de estilo manuelino, conmemoracións (día internacional da muller, posta en valor dos humidais naturais e artificiais en colaboración coa SGHN), excursión a Portugal (Sistelo), charla informativas sobre a Política Agraria Común (PAC), saborear a natureza a través da literatura (clube de lectura coa Revolta da Lagoa de Rafael Laso e presentación de varios libros), visitas guiadas a exposicións (exposición permanente da Lagoa de Antela e sobre a Biodiversidade), Festival de Nadal no Ceip de Sandiás, Visita dos Reis Magos a cativada do concello e Cantar de Reis, entre outras.

cartaz
cartaz

Todos estas actividades foron presentadas polo alcalde Felipe Traveso e o concelleiro de cultura, Pepe Gándara, acompañados de outros membros da corporación. O equipo de goberno desexa que o plan variado de actividades onde intentan estar presentes intereses diversos e idades diferentes sexa do interese dos veciños e veciñas, nenos, xóvenes e adultos. Así mesmo, invita aos veciños a participar e implicarse nos actos programados.

Para información e inscrición nas actividades convén estar atentos ao cartaz xeral de actividades e a cartelería específica adicada a cada unha delas que se publicará ao longo dos próximos meses.