jueves 15/4/21

Sandiás invirte a tendencia: incrementa o seu aforro e leva a mínimos a súa débeda

No 2020 a débeda era de pouco máis de 5.000 €
concello sandias 2psd
concello sandias

 Ao longo destas dúas lexislaturas, un dos obxectivos principais do Concello de Sandiás foi o de reducir ao mínimo a débeda e elevar o remanente de tesourería (aforro), para solventar a situación económica na que nos atopabamos e poder xestionar novos recursos para a veciñanza.

Nestes dous gráficos, amosamos a evolución do aforro e da débeda no Concello entre o ano 2014 e o 2020 incluídos.

Obsérvase o incremento do aforro dende o ano 2015 ata a actualidade, e tamén a diminución da débeda ata o presente, momento no que o Concello no ten pendente ningún tipo de préstamo.

sandias 1

Todo isto reflíctese en que o Concello de Sandiás cumpre co período medio de pago aos seus provedores.

Estos datos, que son para celebrar, son o que toda a veciñanza merece e polo que levamos traballando día tras día estes 6 últimos anos.

sandias 2

Sandiás invirte a tendencia: incrementa o seu aforro e leva a mínimos a súa débeda