viernes 5/3/21

Sandiás quere un entroido de casa e de convivintes

🥳 CELEBREMOS O ENTROIDO NA CASA 🎭

 

FB_IMG_1613132291407

Este ano viviremos un Entroido diferente, mais a chispa non se pode apagar. O Entroido é un sentimento que todos levamos dentro, unha tradición que une a maiores e a cativos, e por iso debemos manter a tradición viva. 💙

👉 Dende o Concello propoñemos celebrar o Entroido na casa, pero por suposto co núcleo de convivencia e respectando as restriccións sanitarias.

📲 O único que tedes que facer e vestir o voso mellor disfraz e enviarnos a foto ao enderezo electrónico [email protected] ou por WhatsApp ao 988 465 001

As fotos que nos enviedes serán publicadas nas redes sociais do Concello.

Animádevos a participar! Que viva o Entroido!