sábado 12/6/21

Sandiás recupera outra vivienda-escola para vivienda social no pobo de Sta. Ana

O importe ascende a 45.000 €

foto 2
Rehabilitación da casa escola de Sta.Ana (Sandiás)

Logo de solicitar á Xunta de Calicia , unha subvención por un importe  aproximado a 45.000 Euros, comenzan as obras.

As actuacións a realizar na antiga escola de propiedade municipal consistirán na súa rehabilitación integral para convertila en vivenda social (SATE en fachada, intervención na estructura, instalacións e redistribución interior). Na parte superior terá unha redistribución para unha casa familiar de 50 metros cadrados e, na inferior, un local social e de lecer para os veciñ@s do pobo de Santa Ana.

 SEXTA CASA REHABILTADA

Cando se remate a rehabilitación comezada, será a sexta en todo o concello que se adicará a vivienda social, ou de baixo aluguer..

Dúas están en Piñeira de Arcos e outras dúas en Couso de Limia  que xa están ocupadas. A vivenda de As Pegas porase en aluguer  próximamente.

Os obxectivos desta línea de traballo no concello son tres: recuperar patrimonio en estado ruinoso, contribuir a fixar poboación no rural o que implica neste caso que as familias necesariamente teñen que estar empadroadas no concello, e, por último e non menos importante, ofrecer un servizo ás persoas ou familias ante situacións de necesidade económica ou emerxencia social.