domingo 27/9/20
Emprego

Sandiás vén de resolver dúas bolsas de traballo municipal

Aprobouse unha bolsa de auxiliar de axuda a domicilio e outra para atender os velorios.

Casa consistorial de Sandiás
Casa consistorial de Sandiás

O Concello de Sandiás vén de aprobar a formación de dúas bolsas de traballo para atender diferentes servizos municipais, como xa anunciara hai apenas un mes. Por un lado está a bolsa de emprego de auxiliar de axuda a domicilio, que quedou integrada polas seguintes persoas: Marina Fernández González, Ana Gómez Quintas, Rosa Martínez Alonso, Carmen Valencia Álvarez, Antonina Quintas Cid, Elisa Isabel Bolaño Vences, Gloria Crespo Vega, Estefanía González Tecera, Sonia Cid Palomino, Susana Díaz García, Susana Penín Vidal, Patricia Pérez Míguez e Sandra Lorenzo Añel.

A bolsa de emprego de auxiliares para atender os velorios, o centro social, realizar algúns traballos auxiliares de limpeza e outros servizos municipais queda integrada por: José Manuel García Cabrera, Salvador Carnero Quintas, Marino Guerra Abad, Hermesinda Rodríguez Rodríguez, Susana Muíños Iglesias y Modesto Bahía Bolaño.

Así o informou o rexedor deste concello limián, Felipe Traveso a través do grupo de Facebook da veciñanza do municipio e coa publicación da resolución –como vén sendo habitual– nas dependencias informativas do edificio consistorial.

Comentarios