Piñeira de Arcos, Santa Ana e o Castro (Sandiás) terán tecnoloxía led no alumeado público

foto 1. entrada
Piñeira de Arcos, Santa Ana e o Castro (Sandiás) terán tecnoloxía led no alumeado público

Sandiás continúa coa quinta fase de tecnoloxía led no interior das aldeas de Piñeira de Arcos, Santa Ana e o Castro cunha inversión de 40.000 euros

Despois de varias fases de instalación de máis de 400 puntos de tecnoloxía led en case todas as aldeas do concello, na quinta fase executouse a instalación led no interior da aldea de Piñeira de Arcos (47 puntos led), na aldea de Santa Ana (24 puntos led) e na aldea de O Castro (12 puntos led).

En total 83 puntos led cunha inversión de 40.000 Euros aportados polo Fondo de Compensación Ambiental (Xunta de Galicia). En total, a suma das inversión ata o momento ascente aproximadamente a case 300.000 euros. Operarios especializados pertencentes a empresa Elyte levan a cabo os traballos de instalación.

Con esta nova tecnoloxía LED o concello adapta de xeito progresivo as instalacións á normativa vixente e aos niveis de iluminación regulamentarios, gana en sustentabilidade ambiental, na mellora da eficiencia enerxética e nun significativo aforro económico que se poderá destinar a outros proxectos sociais e de servizos do concello.