O concello de Sarreaus abre a primeira aula de informática do rural na aldea de Paradiña

ordenadores
O concello de Sarreaus abre a primeira aula de informática do rural na aldea de Paradiña

A inauguración produciuse o sábado día 31

Logo de dous anos de espera e moito traballo de documentación, a aula de informática xa é unha realidade en Paradiña. Un espazo dotado con ordenadores e conexión a internet de balde para tódalas persoas do concello de Sarreaus que o precisen.

Este centro social fíxose coa axuda do programa Leader que proporciona os fondos europeos Feader coa intención de contribuír ó desenvolvemento das zonas rurais. Máis de 100 mil euros custou toda a obra que se tivo que construír nun prazo xusto de catro meses. presidentesUn proxecto ambicioso que tanto veciños como o concello levaban anos perseguindo.

O alcalde de Sarreaus e presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural da Limia, Gumersindo Lamas, sinalou que "esta é unha gran obra xunto co Centro de Día de Lodoselo da cal me sinto moi orgulloso porque dan un servizo ós veciños e o máis importante é que sirve para crear unión".

Todo o pobo de Paradiña e xente de arredores achegouse á inauguración que tivo lugar o sábado día 31.gaiteiros

Non faltou a música dos gaiteiros do concello de Sarreaus e por suposto non faltou unha gran comida que se celebrou no local social da terceira idade e da xuventude. Festa rachada a que se fixo nesta aldea para celebrar que o rural non se abandona e que hai que frear o seu despoboamento.