lunes 28/9/20
O accidente tivo lugar pouco despois das 11:30 horas deste luns 17 de agosto

Unha condutora ferida leve tras saírse da vía e envorcar o seu vehículo en Sarreaus

A afectada perdeu o control do seu turismo, que envorcou despois de saírse da vía pola marxe esquerda.

O equipo de asistencia da Protección Civil socorrendo ós implicados no accidente de tráfico acaecido hoxe, en Sarreaus. | FOTO: Cedida.
O equipo de asistencia da Protección Civil socorrendo ós implicados no accidente de tráfico acaecido hoxe, en Sarreaus. | FOTO: Cedida.

Hoxe, sobre as 11:30 horas, un turismo saíuse da vía pola marxe esquerda deixando unha ferida leve, na localidade de Sarreaus (Ourense).

O Peugeot 207 envorcou despois de que a súa condutora -única afectada- perdese o control do vehículo. 

44378825-2573-45c2-84c4-bb1ddcc4199bO equipo de Atestados da Garda Civil de Tráfico enviado ao accidente que tivo lugar hoxe en Sarreaus. | FOTO: Cedida.

As causas do accidente están a ser investigadas.

Nas labores de asistencia foron mobilizados os bombeiros do Consorcio Provincial do Parque da Limia, a Garda Civil de Tráfico de Verín, unha ambulancia do equipo de urxencias sanitarias do 061 e o GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipais) de Laza.

Comentarios