miércoles 5/8/20

Os Peliqueiros visitaron Sarreaus no domingo Corredoiro

Os Peliqueiros visitaron Sarreaus no domingo Corredoiro

    Cada ano un grupo de Peliqueiros agardan á saída da misa para anunciarlle ós veciños e veciñas que chegou o Entroido. O encontro ten lugar no domingo Corredoiro. Baixo as máscaras atópanse mozos do concello de Sarreaus que van enganchando a máis xente cada ano, sobre todo ós máis pequenos. 

Levar un traxe de Peliqueiro supón soportar un gran peso pola vestimenta e sobre todo as chocas, poden pesar quilo e medio cada unha. Así as cousas a tradición e o sentimento pode con todo e este grupo de Peliqueiros danzaron polas rúas de Sarreaus. 

O domingo sairá o traxe do Vergalleiro para participar na troula no seu día grande. A festa está asegurada coa música da coñecida "Charanga NBA" que actuarán a partir das 12h. Aquelas persoas que o desexen poderán repor forzas coa comida veciñal con porco asado e viño. 

Pola tarde terá lugar o desfile de carrozas e comparsas a partir das 17h. A festa estará amenizada pola música de "Folión A Caniceira" e "Batucada Xituma Batuke". O punto e final do Entroido será a cargo da actuación da orquesta Pontevedra.

Comentarios