sábado 31/10/20

Pobo Escola chega a Lodoselo en agosto con actividades para os máis pequenos

 

    O CDR O Viso continúa coa súa programación de verán con actividades pensadas nos máis pequenos e tamén en apoio á conciliación laboral e familiar. 

Así no mes de agosto comeza Pobo Escola, un espazo pensado para os nenos e nenas de 5 a 12 anos. Unha chea de propostas para levar a cabo nos días 3, 10 e 24, entre elas xogos en plena natureza que terán lugar nas instalacións de Lodoselo.

 O  horario é de 10.30h a 17.30h e inclúe xantar, merenda e a posibilidade de transporte.  Para anotarse ou ter máis información poden chamar ó 988461571. Os prezos son de 20 euros un día, 30 euros dous días e 50 por tres días. 

Comentarios