lunes 28/9/20
O Concello de Sarreaus afirma que ningún dos seus veciños está confinado

Todas as PCR realizadas no Obradoiro de Sarreaus resultan negativas

As probas realizáronse tras coñecerse o positivo por Covid-19 dun traballador do taller, que obrigou á cancelación da iniciativa en cuestión durante 15 días. 

Centro de Saúde de Sarreaus (Ourense). | FOTO: Recuperada.
Centro de Saúde de Sarreaus (Ourense). | FOTO: Recuperada.

Todos os PCRs practicados no Obradoiro de Sarreaus -no que tamén participaba Vilar de Barrio- deron negativo. As probas realizáronse tras ser diagnosticado positivo por Covid-19 un traballador do taller, o que provocou o pertinente rastrexo dos seus contactos e o peche da iniciativa durante 15 días. 

A pesares dos resultados, dous dos empregados do obradoiro teñen que estar en corentena por terse relacionado directamente cun contaxiado. Polo momento ningún veciño do Concello de Sarreaus está confinado, segundo informan fontes da Corporación municipal.

Os representantes do grupo de goberno alertan da necesidade de extremar ó máximo as precaucións, a pesares de que non se coñezan máis afectados polo momento. 

Comentarios