miércoles 30/9/20
O seu rexedor, Gumersindo Lamas, vén de solicitar nun bando que non se acuda á casa consistorial

Sarreaus rastrexa posibles casos entre o positivo por coronavirus integrante do obradoiro de emprego

Bando emitido polo alcalde do Concello de Sarreaus, Gumersindo Lamas.
Bando emitido polo alcalde do Concello de Sarreaus, Gumersindo Lamas.

Un traballador do obradoiro de emprego do Concello de Sarreaus, que non reside no municipio, como así confirma o rexedor, Gumersindo Lamas; vén de dar positivo nas probas da COVID-19. Todas aquelas persoas que tiveron contacto directo con el xa foron situadas en corentena e, polo de agora, non se rexistrou ningún novo positivo máis. 
 

O alcalde prega aos seus veciños que non acudan ao Concello agás por cuestións urxentes e imprescindibles, e que utilicen o servizo de atención telefónica ata que non se coñeza o alcance do que pode ser un andazo no municipio. 

Lamas tamén pide tranquilidade e que se manteñan as medidas sanitarias de seguridade. 

Comentarios