martes 21/9/21

240.000 para 9 concellos das reservas da Biosfera Ourensás

Vilar de Santos e Rairiz recibirán 24.960,50 e 11.463,16 € respetivamente.

Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños recibirán un orzamento de máis de 170.000 euros

 

tg_carrusel_cabecera_grande
Imaxe do Xurés en Lobeira

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concede un total de 9 axudas a outros tantos concellos por un importe de case 240.000 euros para apoialos nas tarefas de conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica nas dúas reservas da biosfera da provincia de Ourense: Tranfronteiriza do Xurés-Gerês e Área de Allariz.

Tal e como adiantou onte a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución cos resultados da terceira convocatoria deste programa de axudas, a de 2021, que no conxunto das seis reservas declaradas na Comunidade se resume na concesión de 27 axudas a outros tantos concellos, por un importe de case 600.000 euros.

Un total de 9 deses municipios teñen parte do seu territorio nunha das dúas reservas da biosfera ourensás e beneficiaranse dunha subvención para enriquecer as condicións medioambientais e paisaxísticas.

Todos os concellos que integran a reserva do Xurés recibirán apoio da Xunta para levar cabo proxectos que melloren as máis de 60.000 hectáreas galegas deste espazo, que tamén se estende polo norte de Portugal. Así, Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños recibirán un orzamento de máis de 170.000 euros ao abeiro da convocatoria deste programa.

Transfronteiriza do Xurés- Gerês (6 concellos / 173.112,87 €)

Calvos de Randín

23.114,62 €

Restauración de ecosistemas naturais, eliminación de especies exóticas invasoras e restauración da vexetación característica. Arrendamento con opción de compra de nova maquinaria

Entrimo

29.998,65 €

Creación dun centro de interpretación da natureza en Pereira

Lobios

29.999,62 €

Mellora de sendas peonís

Lobeira

30.000 €

Mellora da senda peonil Leboreiro-Cabreira

Bande

29.999,99 €

Adecuación senda peonil As Ferrerías

Muíños

29.999,99 €

Mellora da pasarela de O Corgo

Área de Allariz (3 concellos / 66.153,66 €)

Vilar de Santos

24.960,50 €

Proxecto para a corrección do impacto visual nos núcleos tradicionais incluídos na ruta de Parada e mellora dos elementos patrimoniais comunais asociados

Rairiz de Veiga

11.463,16 €

Mellora de sendeiros e actuacións de divulgación

Allariz

30.000 €

Recuperación e restauración do patrimonio natural Monte O Xardín

 

No caso concreto da reserva da Área de Allariz, os concellos beneficiarios, que recibirán máis de 65.000 euros, foron Vilar de Santos, para corrixir os impactos visuais nos núcleos tradicionais na ruta Parada; Rairiz de Veiga, para mellorar os sendeiros; e Allariz, para recuperar o patrimonio natural de Monte do Xardín.