Unhas 300 persoas acoden ao primeiro ciclo de conferencias

2
Unhas 300 persoas acoden ao primeiro ciclo de conferencias

“Por un futuro con auga limpa”

Organizadas en Xinzo por veciños e veciñas das Comarcas da Limia, a Baixa Limia e Celanova pretenden concienciar á cidadanía do grave problema que temos e buscar xuntas solucións.

2As augas subterráneas da Limia están contaminadas. Nos últimos tres anos aumentou nun 39 por cento a concentración de nitratos nos acuíferos. Hai veciñas e veciños que están consumindo auga dos pozos sen saber que superan os 50 miligramos de nitratos por litro permitidos, non é potable. A mesma Confederación Hidrográfica do Miño Sil recoñeceu que a orixe deste problema está nos residuos gandeiros. As granxas de polos, porcos e terneiros suman 75.000 UGM (unidade gandeira maior) e a galinácea, xurros e esterco que xeneran estase a ciscar polas parcelas e montes sen control. Esta producción gandeira intesiva na comarca da Limia supón unha carga equivalente á que provocarían 1.400.000 habitantes, isto é como se fose a metade da poboación de toda Galicia concentrada no un por cento do territorio galego.

Estes feitos están xa denunciados en Bruxelas e na Fiscalía.

1

Todo isto espúxose hoxe na casa da Cultura de Xinzo ante unhas trescentas persoas preocupadas e afectadas por esta problemática.

O científico do CSIC e presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González, o labrego e membro de MEL, o Movemento Ecoloxista da Limia, Manuel García, a empresaria turística do Xurés, Marta Delgado, e Dani Rodicio, granxeiro, explicaron con datos oficiais e documentos gráficos a situación actual deste modelo intensivo que dana o medio ambiente sen xerar riqueza nin fixar poboación no rural.

4

Tras as conferencias, abriuse un tempo de preguntas e debates. Nesta liña de diálogo e contando coa colaboración de todos os sectores implicados, a pretensión é crear a partir de hoxe unha Plataforma veciñal para seguir analizando a problemática e buscar saídas que non prexudiquen a niguén pero que permitan desfrutar ás limiás e os limiás dun dereito fundamental, o dereito a consumir auga limpa e potable.