miércoles 08.07.2020
Como novidade ofértanse 54 prazas específicas para persoas con discapacidade de entre 11 e 40 anos

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZAS EN CAMPAMENTOS DE VERÁN DA XUNTA

Na provincia de Ourense ofertanse 1.300 prazas.

Na Limia Albergue Penedos de Xacinto (Entrimo) e Complexo O Corgo (Muíños)

Foto cedida
Foto cedida

A Campaña de Verán da Consellería de Política Social oferta un total de 1.382 prazas na provincia de Ourense para que a mocidade entre 9 e 30 anos participe nas actividades lúdicas, culturais ou deportivas da edición deste ano. Baixo o nome O verán que necesitas, esta campaña inclúe campamentos de verán, campos de voluntariado, e como novidade, minicampamentos e prazas en residencias xuvenís. As actividades comezarán na segunda quincena de xullo e prolongaranse ata comezos de setembro.

Segundo indicou a delegada territorial en funcións, Silvia Dorado, a decisión da Xunta de levar a cabo a campaña de verán foi consensuada co Comité Clínico, que ve viable a súa realización sempre que se garantan as medidas establecidas polas autoridades sanitarias ante a covid-19. Así, elaborouse un protocolo específico que recolle estas indicacións, como a redución do aforo nas instalacións para garantir o distanciamento de 1,5 metros, o reforzo do persoal monitor para traballar en grupos máis reducidos nas actividades e o incremento das medidas hixiénico sanitarias.

A Xunta, coa organización da campaña deste ano, pretende agradecer á xuventude e ás  nais e pais o esforzo realizado durante os últimos meses de confinamento. Así, daráselles ás familias un servizo de conciliación, sempre baixo as medidas de hixiene e seguridade que require a situación actual.

Novidades da campaña deste verán na provincia

Como novidades na provincia de Ourense, este ano incorpóranse á oferta de campamentos da Xunta o albergue de Vilariño de Conso e a Residencia de Tempo Libre do Carballiño,  xunto co desenvolvemento dun campamento de temática de danza moderna e natureza no albergue Equal, de Coles.

Esta novidades súmanse ás que presenta a nivel autonómico a campaña deste ano e que se concretan no incremento da variedade das actividades con campamentos de cociña no Centro Superior de Hostalería de Galicia; campamentos vinculados ao ámbito aeronáutico, á tecnoloxía ou ao coidado do medio ambiente; a posibilidade de que entidades xuvenís e grupos de mozas e mozos poidan realizar actividades propias en residencias xuvenís de Lugo e Ourense e minicampamentos de cinco días, de luns a venres, en establecementos turísticos.

Campamentos de verán

COMPLEXO_O_CORGOA partir da segunda quincena de xullo e ata comezos do mes de setembro organízanse diferentes campamentos xuvenís para menores entre 9 e 17 anos que ofertan 5.217 prazas nun total de 35 albergues e instalacións distribuídos por toda a xeografía galega. Así, a provincia ourensá oferta 986 prazas en sete instalacións: Albergue Penedos de Xacinto (Entrimo), Estación de Montaña de Manzaneda, Albergue Equal (Coles), Complexo O Corgo (Muíños), Albergue Xuvenil de Vilariño de Conso, Albergue de San Xoán de Río e Residencia de Tempo Libre do Carballiño. O abano de actividades é amplo desde as relacionadas coa astroloxía ou as artes plásticas e escénicas, ata as deportivas de escalada ou sendeirismo.

A delegada territorial en funcións da Xunta en Ourense, Silvia Dorado Morales, sinalou que un ano máis poderán participar todas as mozas e mozos de Galicia, con independencia das súas capacidades ou necesidades especiais. Neste sentido, lembrou que existe unha convocatoria específica para as persoas con discapacidade de entre 11 e 40 anos dotada este ano con 132 prazas a nivel autonómico ofertadas en Gandarío (15), Residencia de Tempo Libre de Panxón (63) e, por último, na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (54).

Na provincia de Ourense celebraranse os minicampamentos Coñece Galicia, coa colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo, cunha duración de cinco días, de luns a venres, en establecementos turísticos con 102 prazas, das 595 ofertadas en toda a Comunidade.

A programación da Campaña de Verán 2020 contempla, ademais dos campamentos para nenos, nenas e adolescentes, campos de voluntariado nos que poderan participar mozas e mozos galegos de 18 a 30 anos por mor da situación sanitaria que temos vivido, e a oferta de actividades en residencias xuvenís para entidades e grupos de mozos nas residencias xuvenís de Lugo (LugI) e Ourense (Florentino López Cuevillas).

Os interesados  en participar nos campamentos xuvenís da Xunta teñen de prazo ata o  xoves 25 de xuño para presentar  as solicitudes.