martes 21/9/21

ADEGAL, segue apostando polo sector primario da Limia

“ Unidos por primeira vez na defensa e no impulsoda comarca da Limia “

Banner Adegal
Banner Adegal

O sector agrícola, gandeiro e empresarial da Limia unen os seus esforzos en ADEGAL, cuio fin primordial é o de dar a coñecer a importancia social e económica que o sector primario, a agroindustria e o sector servizos teñen na Limia.

Como por todos é coñecido, a Limia é a comarca agraria por excelencia de Galicia, no que o sector primario ten un gran peso ó mesmo tempo que se encabeza como motor principal, e na actualidade plantéxanse numerosos retos que den impulso e viabilidade ó sector, polos que esta Asociación leva traballado dende a súa constitución, ofrecendo protección e blindaxe ó modo de vida da bisbarra que, indudablemente, xera unha fonte de riqueza ligada ó tecido empresarial e ó sector  servicios:

O primeiro deles, é que a Limia sexa declarada como Zona de Actuación Agraria Prioritaria, ofrecendo un blindaxe ó sector agrario e gandeiro e un marco legal no que ampararse, xa que consideramos que estamos ante una comarca cun aproveitamento agrario e do chan moi superior ó do resto de Galicia, que ten unha repercusión da actividade agraria nos índices económicos da zona moi alta, que tres IXPS teñen a súa base de producción asentadas en terras limiás e que boa parte do grupo COREN se atopa nesta zona asentado, sen olvidar a cantidade de terra con valor productivo que é moi elevada, ademáis de que as necesidades de terra agraria das explotacións é real e que o número de explotacións agrícolas, gandeiras e forestais é moi elevado, xenerando una importante actividade industrial, loxística e de servizos, ligado a que existe risco de incendios forestais, agravados por un elevado grado de despoboación, máis acentuado nos concellos da montaña.

En segundo lugar, a comarca sufre unha carencia en infraestructuras agrarias, sendo de necesidade básica e vital a dispoñibilidade de máis terra con auga, polo que as infraestructuras dos regadíos pendentes deben levarse a cabo na maior brevidade posible. Non obstante, ADEGAL, en vista á fase de alegacións ó Plan Hidrolóxico que rexerá o período 2015-201 está  a estudiar o documentos que o conforman, ademáis de  participar nas Xornadas Informativas e solicitar reunións sectoriais nas que se avalien as necesidades reais dos profesionais e das Comunidades de Regantes Lagoa de Antela, Antioquía, Corno do Monte, Alta Limia, Lamas-Ganade e San Salvador de Sabucedo.

Tamén é fundamental a mellora de pistas, acondionamento de canles e cortaventos. Neste senso, ADEGAL como representación ante a Administración, logo de solicitar a reparación de pistas a través dun dossier elaborado cos camiños principais a reparar, canais e ríos, lévanse realizado sucesivas melloras, que, de non solucionar as carencias en infraestructuras da comarca, palian as necesidades principais dos seus usuarios, reparándose tamén e mantendo en correcto funcionamento as básculas de Xinzo de Limia e Rebordechá.

En terceiro lugar, e cumprindo con unha das finalidades de ADEGAL, a conciliación da actividade agraria co medio ambiente, plantéxanse dous retos. Por un lado a aplicación do PLAN DIRECTOR DA REDE NATURA 2000 DE GALICIA e a elaboración dunha norma clara e concisa que se corresponda coa realidade e as necesidades dos limiáns, asentada nunha mesa de traballo na que teñen cabida e participación os representantes políticos dos Concellos afectados na Limia pola ZEPA e o LIC, a Consellería de Medio Ambiente e ADEGAL (como representación dos productores e empresas da comarca).

Por outra banda, a entrada en vigor do novo decreto enerxético que derivou no peche do Centro Tecnolóxico Ambiental de Sarreaus na Limia, planta que prestaba un servicio esencial facilitando a reciclaxe dos residuos das explotacións da zona, na que gran parte das familias dependen do sector, plantéxase adopatar medidas que permitan retomar a actividade do CTM

Dento do LIFE REGENERA LIMIA, é parte interesada e de vital importancia ADEGAL, nun proxecto demostrativo no que o interés xeral reside no desenvolvemento de técnicas ou posibles solucións tecnolóxicas a futuro para poder mellorar, si cabe,  a calidade das augas.

 As esixencias medioambientais, o benestar animal e a seguridade alimentaria son eixes fundamentais que fan necesario a búsqueda de alternativas que sexan económica e medioambientalmente sostibles para a xestión de residuos ou subproductos nos sectores productivos, sen olvidar  que todas e cada unha das explotacións asentadas na comarca da limia están detro do marco lexislativo, tanto a nivel estatal, como autonómico e mesmo sectorial.

En quinto lugar, o sector da pataca está a atravesar unha grave crise, condicionada por un cúmulo de circunstancias excepcionais, como son unha boa colleita a nivel europeo, os prezos fixados nos mercados a futuro das principais bolsas mundiais e o problema político entre Rusia, Ucrania e a Unión Europea que xunto con outros condicionantes conlevou á baixa do prezo dos tubérculos en orixe, sendo a cantidade percibida polo productor insuficiente para cubrir os elevados gastos que conleva producir este producto.

Establecéronse varias liñas de traballo con Medio Rural e medidas a coordinar que paliarían a situación de crise actual nas explotacións agrícolas e que serían moi positivas para continuar en anos vindeiros.

Faise necesario que se establezan acordos-convenios coas grandes cadenais comerciais de distribución e venta en Galicia, nos que se prime o producto de aquí. Por tanto, ligado a esta medida son fundamentais as campañas de comunicación ó consumidor dos valores positivos das nosas colleitas, a pataca de calidade (sabor fronte a lavado) e o fomento do consumo. Esto é debido ás condicións climatolóxicas e ás características dos chans, que xunto coas esmeradas labores culturais que se dan nesta zona, repercuten positivamente en que o producto obtido teña unha calidade culinaria excepcional.

Por outro lado, é vital a realización dunha exportación da pataca, cuio consumo está moi extendido culturalmente noutros países, atendendo ás axudas á exportación, ó desenvolvemento e á cooperación.

Por outra banda, a comarca da Limia aporta o 90% da producción da Indicación Xeográfica Protexida, “Pataca de Galicia”, que ampara os tubérculosda variedade KENNEBEC.

Dende ADEGAL, en colaboración co Consello Regulador, velarase para que a producción amparada baixo a IXP cada vez sexa maior. A pataca de calidade é outra canle de comercialización importante, xa que estamos ante un producto con un valor engadido, que centra a súa maior producción na Limia.

Dado que o sector da pataca é un sector sen unha organización común de mercado (OCM) e sen unha interprofesional a nivel nacional, as Comunidades Autónomas están a aprobar plans de apoio ó sector principalmente para que non se vexa sometido a grandes flutuacións en canto a prezos e producións.

Ademais das liñas principais e de maior peso, ADEGAL vela pola difusión e asesoramento nos cambios da normativa no sector agrario, nas condicións de  implantación da nova PAC na Limia, ademias da realización de xornadas e cursos de formación,  sen olvidar mellorar as condicións de finaciación das explotacións, establecendo convenios con distintas entidades bancarias e  compañías aseguradoras das que se poidan beneficiar os colectivos que representamos, e que den resposta ó crecemento do sector e a súa estabilidade.

Sen dúbida, a Limia afronta numerosos e ambiciosos proxectos, intrínsecos ó seu propio potencial e  nos que o reto final reside na consecución do peche do ciclo de producción, transformación e comercialización, nos que ADEGAL ten un papel fundamental como impulsor principal creando sinerxias entre os distintos colectivos para recuperar a imaxe real da Limia, unha comarca productiva capaz de conservar o medio do que dispón.

Comentarios