A Agrupación Musical da Limia, celebrou a súa patroa Sta. Icía

IMG_7708
A Agrupación Musical da Limia, celebrou a súa patroa Sta. Icía

Cunha comida de confraternización, nun coñecido restaurante da vila, os membros da Agrupación Musical da Limia celebraron o día da patroa. Xantar o que acudiron representantes do goberno e da oposición invitados pola directiva, e que rematou coa actuación dun mago.

Anteriormente as 12 do mediodía asistiron a unha misa na honra de Sta. Icía. Polo que se puido ver a celebración ía para longo, posto que os cánticos , como non podía ser para menos, tratándose dunha agrupación musical xa comezaban a facerse cargo do ambiente totalmente festivo.

Como se pode comprobar nas instantáneas de dendealimia a maioría dos asistentes eran mozos e mozas.

cats 1