sábado 11.07.2020

O alumnado dos IES aprenden e comproban os efectos das drogas e o alcohol na seguridade vial

Nas Xornadas de Educación e Seguridade vial no IES Lagoa de Antela

O alumnado dos IES aprenden e comproban os efectos das drogas e o alcohol na seguridade vial

Dende a Concellería de Mobilidade  de Xinzo e coa colaboración da DGT, Protección Civil e Policía Local levouse a cabo unha xornada informativa e práctica para o alumnado de 3º, 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato. Estas mesmas charlas impartiranse o próximo xoves no IES Cidade de Antiqoquia.

CHARLAS TEORICAS E EFECTOS PRACTICOS

IMG_3023Na primeira parte das charlas impartidas por membros da DGT falouse sobre os distintos tipos de sustancias psicotropiñas e o alcohol, tanto na vida diaria como peón , pero sobre todo como condutor, nestas idades de ciclomotores, pero no día de mañá con automóbiles.

Despois da charla o alumnado que quixo pasou un tes de alcoholemia e drogas e posteriormente pasaron a parte práctica desenvolvida con gafas de realidade virtual cas cales puideron comprobar os efectos das sustancias.

Durante toda a xornada estiveron presentes os responsábeis de protección civil e policía Local, ademais do concelleiro de Mobilidade Moncho  Gómez, quen manifestou que a intención destas xornadas e a de por en coñecemento da xuventude de Xinzo os efectos que no organismo producen o seu consumo para desta maneira poder erradicar o seu consumo, ou polo menos minimizar o seu consumo unha vez  que os coñecen, no campo neste caso da seguridade vial.