domingo 29.03.2020

O alumnado e o profesorado do CMUS felicita as festas a traves de dendealimia.com

Tamén presenta o que vai a ser o seu concerto de Nadal 2019
O alumnado e o profesorado do CMUS felicita as festas a traves de dendealimia.com

O Nadal está preto e no conservatorio profesional de música de Xinzo de Limia, coma tódolos anos, festexámolo con música como non pode ser de outro xeito. Un concerto onde os nosos alumnos mostrarán o seu talento e esforzo. Os rapaces xa levan varias semanas preparando as súas actuacións con toda a súa ilusión, estudando e ensaiando horas extra, pero esta semana é a recta final, días intensos de remate de avaliación onde terán os ensaios xerais para que o vindeiro venres todo saia perfecto.

Unha selección de obras clásicas e contemporáneas de compositores tales como Marcello, Corelli, Beethoven, Strauss, Queen… entre as cales soarán panxoliñas tradicionais e populares que recordarannos estas entrañables datas nas que nos atopamos. E para rematar esta velada musical, os máis cativos de Música e Movemento e Iniciación Musical acompañados polos alumnos de 1º de Grao Elemental e unha representación de todos os instrumentos musicais que se ensinan no centro coa panxoliña “La luz que nace en ti” de La Oreja de van Gogh.

Dende o conservatorio e en nome de tódolos alumnos e tódolos profesores; Esmeralda Marra López, Jesus Dopazo Amorín, Mª José Rodríguez Carrera, Eliseo Penín Rodríguez, Roberto Seara Abad, Elena Domínguez Rodríguez, Cristina Vázquez Canal, Nieves Llopis Tormo, Alejandro Martínez Ares e Óscar López Gónzalez; queremos convidar a todo o mundo a disfrutar con nós desta velada musical tan especial. Será o Venres 20 de Decembro ás 20:00 h. no Salón de Actos “Ángel Cocho” da Casa de Cultura de Xinzo de Limia.