viernes 03.07.2020

Un ano máis o C.D.R. O VISO pon en marcha o programa de CONCILIA DE VERÁN

Vai dirixido a nenos e nenas en idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos

Un ano máis o C.D.R. O VISO pon en marcha o programa de CONCILIA DE VERÁN

Un ano máis o C.D.R. O VISO pon en marcha o programa de CONCILIA DE VERÁN 2020 durante os meses de xullo e agosto. Este ano con motivo da crise sanitaria xerada pola COVID-19, levaremos a cabo o programa de conciliación no CEIP Rosalía de Castro en horario de 9.00h a 14.00h de luns a venres. Dito programa vai dirixido a nenos e nenas en idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. 

CARTAZ 2020Consideramos fundamental nestes momentos realizar este programa para facilitar máis que nunca a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas familiares e/ou coidadoras/titoras legais das persoas destinatarias do servizo de conciliación. Levaremos a cabo todas as medidas de hixiene e seguridade establecidas co fin de garantir a seguridade de todos e de todas.
PRAZAS LIMITADAS!!!
Para inscricións e/ou información no CIX da Limia, Rúa Ladeira Nº21, baixo.
Teléfono de contacto: 988461571
Email: [email protected] ou [email protected]

Un ano máis o C.D.R. O VISO pon en marcha o programa de CONCILIA DE VERÁN