jueves 02.07.2020

A Arca da Noe acolle unha mostra de obras de Vanesa Peón que recrean o sexo entre mulleres

A exposición pode visitarse ata o mércores 6 de xullo

    "Si teño que falar sobre a miña obra de forma xenérica diría dela que é o resultado de pensar en sexo cunha muller", así define Vanesa Peón a súa composición de arte que se expón estes días na Arca da Noe, en Vilar de Santos. 

cadros 1

Un conxunto de 11 cadros con fluídos de cores vivas en acrílico, branco ou negro. A mostra contén 9 láminas a tinta sobre papel que plasman diferentes momentos sexuais entre mulleres. "Os corpos sempre desnudos, preparados, dispostos ó pracer de amarse con forza", sinala a artista de Pontevedra. 

Cada unha das pezas contén pequenas historias que se desprenden da escena principal e que transmiten mensaxes. "Animales como zorra, porca, loba, mantis relixiosa, serpe...cos que se nos asocia de forma despectiva, nas miñas obras toman poder porque representan a aquelas mulleres que se senten libres de facer o que queren, como debe ser o amor", destaca Vanesa. 

cadros 2

Os cadros recollen distintos momentos dunha relación sexual entre mulleres, a veces de forma explícita e outras que buscan espertar ó espectador e invitalo á interpretación. 

Vanesa Peón lanzouse a pintar este tipo de escenas para que fose unha voz feminina quen recree algo tan íntimo entre mulleres, e non un home. Por outra banda considera que a día de hoxe aínda queda camiño por facer neste eido e polo tanto "hai que seguir visibilizando que o concepto do amor é moi amplo e que todas as formas de amarse son válidas".

Comentarios