A Arca da Noe acolle unha mostra de obras de Vanesa Peón que recrean o sexo entre mulleres

cadros 1
A Arca da Noe acolle unha mostra de obras de Vanesa Peón que recrean o sexo entre mulleres

A exposición pode visitarse ata o mércores 6 de xullo

"Si teño que falar sobre a miña obra de forma xenérica diría dela que é o resultado de pensar en sexo cunha muller", así define Vanesa Peón a súa composición de arte que se expón estes días na Arca da Noe, en Vilar de Santos.

Un conxunto de 11 cadros con fluídos de cores vivas en acrílico, branco ou negro. A mostra contén 9 láminas a tinta sobre papel que plasman diferentes momentos sexuais entre mulleres. "Os corpos sempre desnudos, preparados, dispostos ó pracer de amarse con forza", sinala a artista de Pontevedra.

Cada unha das pezas contén pequenas historias que se desprenden da escena principal e que transmiten mensaxes. "Animales como zorra, porca, loba, mantis relixiosa, serpe...cos que se nos asocia de forma despectiva, nas miñas obras toman poder porque representan a aquelas mulleres que se senten libres de facer o que queren, como debe ser o amor", destaca Vanesa.

cadros 2

Os cadros recollen distintos momentos dunha relación sexual entre mulleres, a veces de forma explícita e outras que buscan espertar ó espectador e invitalo á interpretación.

Vanesa Peón lanzouse a pintar este tipo de escenas para que fose unha voz feminina quen recree algo tan íntimo entre mulleres, e non un home. Por outra banda considera que a día de hoxe aínda queda camiño por facer neste eido e polo tanto "hai que seguir visibilizando que o concepto do amor é moi amplo e que todas as formas de amarse son válidas".