jueves 28/1/21

O autobús de doazón de sangue estará este venres día 11 en Xinzo

Fronte ao Concello de 10 a 14 e de 16 a 21 h

“Súmate, doa sangue” é a campaña que se está a desenrolar pola Fundación neste verán 2017.

O Concello de Xinzo, despois de ser nomeado o Concello mais solidario de Galicia polo número de doazóns de sangue por habitante, quere animar a todos os veciños, tanto de Xinzo como da Limia a que sigan colaborando de maneira  totalmente desinteresada  na doazón de sangue.

Recorda que teñen que ser maiores de idade e non se pode ir sen almorzar e absterse aqueles veciños e veciñas que estean a tomar medicamentos.

Comentarios