A AVOA DA LIMIA ESTÁ DE CUMPRE

Elvira Tombo García
A AVOA DA LIMIA ESTÁ DE CUMPRE

104 anos, nin un máis, nin un menos

Chámase Elvira e os seus apelidos son Tombo García, naceu tal dia como hoxe do ano 1912 en Damil , vive en Xinzo , e como di ela mesmo, fállalle un pouco o oído… menos mal, e a quen non?, nos tempos que corren.

Hoxe puidémola ver cos seus catro fillos, e algunha nora, pero dentro duns días estará acompañada dos catro fillos e mais os sete netos, os 8 bisnetos , 2 tataranetos, e un que ven en camiño.

E falando de camiñar Elvira, vai tódolos días a misa das 8 do serán, a pe dende a súa casa distante case 1 Km da parroquia. Vai á da noite, porque a ela gústanlle as cousas ben feitas e a misa da tarde ten rosario. Vai e volve andando a maior parte dos días e despois antes de cear hai que subir ata un segundo piso, loxicamente andando, para manterse en forma.

Come de todo, bebe viño as comidas, toma café, e supoñemos que o segredo da súa lonxevidade non é outro que a copiña de augardente de herbas, que non perdoa.

Dende o noxo xornal desexámoslle a Elvira e os seus