Axudas para os desempregados

2015-01-29 10.35.33_1
Axudas para os desempregados

O Centro de Desenvolvemento Rural \“O Viso\” presentará o 29 de xaneiro o Programa Ruralempréga-T

O obxetivo deste programa consiste en mellorar a calidade de vida da poboación limiá que poida atoparse nunha situación de risco ou exclusión social. Esta acción levarase a cabo mediante a metodoloxía de itinerarios personalizados de orientación sociolaboral, accións informativas, de prospección e intemediación laboral.

Nos próximos meses, desenvolverase, o primeiro xoves de cada mes, un obradoiro formativo sobre algunha temática en relación á busca de emprego. O primeiro será o día 5 de febreiro onde se falará de \“autoanálise e mercado laboral na Limia\”. Ao mesmo tempo, desenvolveranse un \“club de emprego\” que incide sobre as consecuencias que o desemprego de longa duración conleva. Este terá lugar o terceiro xoves de cada mes, salvo no mes de febreiro que se retrasará ao día 26, con motivo da recuperación trala celebración do noso Entroido.

Xa se pode pedir cita por email, á dirección: areasocial@cdroviso.org; por telefono no 988461571, ou acudir á oficina situada na Praza Maior, 1 – 1º C (Xinzo de Limia) os luns de 10 a 12, mércores de 16:30 a 18:30.