jueves 05.12.2019

CADA VEZ MÁIS XENTE NO ESQUECEMENTO

Xa non temos sitios para máis grupos, tanto de castrexos como de romanos

CADA VEZ MÁIS XENTE NO ESQUECEMENTO

Iván, representante da Asociación Cultural Civitas Limicorum, contounos como é a situación do Esquecemento este ano, dende o número de participantes ata cal é a financiación que reciben e como a xestionan

IMG_9757A festa do Esquecemento este ano aumentou no número de participantes, e pasouse de 300 e pico a 454 socios, aumentando en sete as casetas castrexas e seis as romanas. Recorda que facerse  socio costa 10€ ao ano, posiblemente se suba a tarifa o ano que ven.

Este ano en seguridade gastaranse sobre 2.000€, entre seguro de accidentes, empresa de seguridade e demáis gastos. O número de participantes no Esquecemento 2018 vaise poder comparar as primeiras edicións, cando máis xente había. Iván recordanos eses anos escuros onde o Esquecemento casi se perdeu, pero como con esforzo foise recuperando.

En cuanto o mercado de artesanías, é o máis grande que hai na provincia, incluso comparado co mercado medieval que hai en Ourense cidade. Hai máis de 40 postos de artesáns que veñen a participar, e a pesares de subir a cuota para participar no mercado, a xente entendeu esa subida e comentou que seguía sendo moi barata para o que é.

FINANCIACIÓN E GASTOS DO ESQUECEMENTO

A financiación pública ven da man dunha subvención da Deputación de Ourense de 15,000€, os cales foron adxudicados para pagar a animación deste ano. Respecto o Concello estase esperando a realizar esa última reunión que está sine die, pero esperase que sexa esta semana.

Iván continúa dicindo  que dende o Concello a intención é axudar e apoiar ó Esquecemento, pero que debe haber trabas a nivel técnico ou político que impide unha relación fluída.
IMG_20180727_114916Estas trabas non son só coa Asociación Cultural Civitas Limicorum, a responsable do Esquecemento, senón con outro tipo de asociacións tamén.

O Concello de Xinzo calificou o Esquecemento como a segunda festa municipal de Xinzo, pero saben que aínda que non se apoiase seguiríase facendo igual. Iván di que ante este desleixo do Concello, a Asociación Cultural Civitas Limicorum podería chegar a facer a festa privada.

O coste da festa este ano estará entre  30.000 ou 35.000 euros, dos cales unha cuarta parte van en actuacións e decoracións que están enfocadas directamente á poboación da vila e os turistas, aínda que non participen na festa nin sexan socios.

O  recinto do campamento custa sobre 10.000 euros, pero a festa non é so para os participantes do campamento,é  intención da Asociación que festa sexa para todos os veciños e os potenciais turistas que acudan. Iso é o maior gasto que conleva a festa, pois xa só o Circo Romano custa 8.000€ que é o que a xente máis lle gusta ver.

Iván, dende a postura da Asociación reclama que ese tipo de gastos debería cubrilos o Concello e por iso se intenta chegar a un convenio con este. O convenio parecía que quedara claro o ano pasado, pero ante estas trabas que merman a vida social e política da Asociación, semella que iso non é así.

Pese a non ter apoio municipal, Iván comentanos que o Esquecemento a nivel económico está nunha situación de “case bonanza”, como el mesmo dí, e que de momento hai cartos, pero canto máis haxa, maior repercusión terá a festa. A Xunta nunca apoiou a festa con financiación directa, senón que o ano pasado pagou a carteleria, e este ano aínda se está a espera de cal será a súa aportación.

As pretensións da Asociación son de falar con institucións públicas para que apoien o Esquecemento, e facerlles entender que non é unha festa calquera. As peticións enviáronse fai un mes, pero existen cuestións protocolarias que posiblemente impidan que o que se poida conseguir se aplique neste ano 2018.

REUNIÓN CO CONCELLEIRO RESPONSABLEIMG_3254

O xoves pasado os responsábeis do Esquecemento xa se reuniron coa persoa designada polo alcalde, para que este ano sexa o interlocutor directo coa institución no tocante a infraestrutura. Esta mesma tarde o representante de Civitas comunicou que todo o que se pedira o Concello no tocante a infraestrutura e colaboración de brigada etc, estaba resolto. Que unicamente faltaba outra pequena axuda económica que eles solicitan de 5.000 € aproximadamente e que o alcalde López Casas, prometeu facer todos os esforzos políticos para que esa axuda vaia adiante