viernes 14/5/21
Pasará de 2 a sete dias

Cambios nos rastrexos de contactos con persoas positvas en Covid

Tamén se ampliará á busca daqueles contactos casuais que puidera terse reunido coa persoa con resultado positivo

11,00 h.-     O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña,  informará, en rolda de prensa, dos acordos adoptados na reunión do comité clínico. Estará acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo; e polo xerente do Sergas, José Flores Arias. No salón de actos do Edificio Administrativo da Consellería de Sanidade.

foto xoán crespo
28/04/2021
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña,

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, vén de informar da ampliación do sistema de rastrexo de contactos de positivos por covid-19, cuxa data de inicio pasará dos actuais dous días previos desde o último contacto coa persoas infectada, até os sete días.

Na procura de mellorar da detección precoz de novos casos, así como o seu illamento e estudio, o novo procedemento porase en marcha en 10 días, tras realizarse unha proba de pilotaxe que garantirá o seu correcto funcionamento. A nova estratexia de seguimento non se cinguirá estritamente á definición de contacto estreito, pois tamén se ampliará á busca daqueles contactos casuais que puidera terse reunido coa persoa con resultado positivo. Do mesmo xeito, a detección de novos casos tamén se estenderá a ámbitos sociais concretos, como pode ser o laboral, o educativo ou aos establecementos de lecer.

O responsable de Sanidade apuntou que a comunidade galega “continúa a manter unha situación epidemiolóxica estable, a pesar da leve reputa de casos positivos das últimas datas”. Así, salientou que o cumprimento das medidas hixiénico-sanitarias e o avance no proceso de vacinación están a derivar nunha cuarta onda de menor intensidade.