viernes 4/12/20
Novo proxecto do CDR. O Viso

“Casas da Memoria e Interpretación da Paisaxe”

Foi presentado ó Leader que o  subvencionou con 28.480,56 € sobre un custe total de máis de 36.000 €.
121213
121213

Na víspera do Día do Patrimonio, 16 de novembro, da importancia do seu coidado, protección e preservación queremos contarvos este novo empeño no que andamos algunhas persoas do CDR O Viso; un patrimonio que forma parte da riqueza e a herencia de todos.
O proxecto co nome de “Casas da Memoria e Interpretación da Paisaxe” foi presentado ó Leader cun orzamento de 36.429,47 € e o importe da axuda concedida é de 28.480,56 €.
A proposta é facermos unha recuperación patrimonial, sobre todo coa xente maior, dalgunhas temáticas que conformaron parte da súa vida (minas de estaño neste primeiro momento coa idea de seguir coa da emigración); ó lado disto incluímos a paisaxe porque se ben estas temáticas vannos servir para traballar desde o CDR a autoestima e valorizar o "pasado esquecido" e que se perde con cada persoa maior que se nos vai; pero tamén para recuperar para a acción educativa uns saberes que nos van posibilitar o aprendermos a mirar e entender mellor todo o que nos rodea (medio natural pero tamén e sobre todo o medio humanizado, practivamente todo o que nos rodea).
121212As minas de estaño sobre todo, aínda que nos arredores tamén había volframio, foron sempre motivo de conversa do pasado recente, polo que significaron na vida dunha xeración de persoas que agora xa son moi maiores: pola conexión coa traída da luz ó pobo, polo aproveitamento anos máis tarde para a captación de auga, polo ano que levou a xeada o pan e a conseguinte consecuencia (“ano da fame”).
Recoller, rexistrar  estas testemuñas ( gravacións) elaboración de textos e tamén sinalización dun percorrido desde este local ata os lugares relacionados (transformador, casas de Fontaos, entradas ás minas na Borraxe e no Viso…) son algunhas das accións previstas.    
Estamos pois  coa recuperación e restauración de tres locais  (palleira, leñeira e espazo para o tear) no núcleo tradicional de Lodoselo, no outeiro,  para ser utilizados como locais expositivos vinculados ás actividades do “pobo escola”. Construccións  que  se  atopan  abandoadas  dende  hai anos, e que polo tanto precisan importantes obras de reparación, tanto para deter o deterioro que sofren, coma para adecualos ó novo uso.  Os donos fixeron unha cesión ó CDR de trinta anos renovables. Moitas grazas, unha vez máis.
Convidar a todas as persoas que o desexen a participar, dunha ou doutra maneira, colaborando con este empeño de coñecermos mellor o pasado porque grazas a el entenderemos mellor quen somos. Coa convicción de que somos fillos da historia e que ás veces parece que temos amnesia, que descoñecemos e, ou esquecemos quen somos.