jueves 15/4/21

O CDR de Lodoselo repicou as campás para conmemorar a Revolta da España Baleirada

 SER POUCOS NON RESTA DEREITOS, QUEREMOS FUTURO.

O día 31 de marzo  é  un día sinalado  para moitos españoles e españolas da España Baleira. Fai dous anos, deu comenzo a nosa revolta: a Revolta da España Baleira. De forma pacífica, miles de persoas enchemos o centro de Madrid con dúas mensaxes claras: SER POUCOS NON RESTA DEREITOS, QUEREMOS FUTURO.

Así comeza o manifesto que lemos en milleiros de prazas, rúas, adros dos pobos despois de facer soar as campás ás 12 do mediodía durante cinco minutos. Veciñas e veciños de Lodoselo, participantes nos distintos programas do CDR O Viso vivenciamos esta mañá xuntos esta loita que tamén se levou a cabo en moitísimos recunchos do país.

A pesar das adversidades que nos tocou vivir nestes tempos, o latido das xentes da España Baleirada resiste contra vento, marea e esquecemento. O seu  corazón segue latexando como aquel 31 de marzo de 2019. Forte, con ganas.

Esa España que non importa… ¡Sigue estando aquí!, esixindo, reivindicando e propoñendo, firme.  Pese ás adversidades, non nos rendemos.

Somos a resistencia dunha forma de vida.

Porque atender ás necesidades dos habitantes da España Baleirada é unha cuestión que vai máis alá da xustiza.

Porque sen aldeas e as súas xentes non hai futuro.

Hoxe, dous anos despois: ¡A  España Baleira non se rende! ¡A España Baleira non será calada! ¡A Revolta continúa!