sábado 25.01.2020

O CDR O Viso fixo o seu reparto mensual de alimentos e utensilios

Dentro do Programa de Emerxencia Social que desenvolve o CDR
O CDR O Viso fixo o seu reparto mensual de alimentos e utensilios

Dende o Programa de Emerxencia Social que desenvolve o CDR O Viso, apoiamos este mes a cobertura das necesidades básicas de preto de 30 persoas da Comarca da Limia en situación de vulnerabilidade. Entre as principais necesidades atendidas, destacan os produtos básicos de alimentación, de hixiene persoal e limpeza do fogar e bombonas de gas.

lodoselo 1Este programa subvencionouse dende a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e da Excma. Deputación de Ourense para o ano 2019. Ao mesmo tempo realizouse unha coordinación cos servizos sociais comunitarios básicos dos concellos cos que traballamos en rede, para garantir o benestar social das persoas atendidas.

Son de destacar este mes as apartacións do Banco de Alimentos de Ourense, con 989Kg de alimentos non perecedoiros -provenientes da Gran Recollida desenvolvida a finais de novembro de 2019- e pola colaboración, coma de costume nestas datas, da Parroquia Santa María de Couso de Limia (Sandiás), etc.

dav