jueves 6/8/20

Ó CDR “O VISO” LEVA AXUDADO CON REPARTO DE ALIMENTOS E OUTRAS ACCIÓNS A MAIS DE 150 PERSOAS NO QUE VAI DO ANO

O reparto deste mes de agosto beneficiou aproximadamente a 100 persoas   Este programa -que se ven desenvolvendo dende novembro de...
Persoas que colaboran co CDR nas tarefas solidarias
Persoas que colaboran co CDR nas tarefas solidarias

O reparto deste mes de agosto beneficiou aproximadamente a 100 persoas

 

Este programa -que se ven desenvolvendo dende novembro de 2013- contempla o reparto mensual de alimentos, produtos de hixiene e bombonas de gas, logo de realizar unha valoración social e traballar en rede cos Servizos sociais comunitarios básicos do Concello de Xinzo de Limia e entidades de acción social como Cáritas ou Cruz Vermella. A intervención social dende o C.D.R. non só se ampara nesta mera liña asistencialista, senón que vai máis aló e, acorde á nosa misión, apoiamos a inserción sociolaboral e a inclusión das persoas beneficiarias mediante a súa participación en labores voluntarias e de mellora da súa empregabilidade. Dentro das actividades de apoio á inserción sociolaboral intervense a través dunha liña individualizada mediante o deseño e desenvolvemento dun itinerario persoalizado de inserción sociolaboral (Rural emprégate) e, tamén, mediante accións formativas como é o Curso de 2 agricultura familiar que comezou en xullo e terá continuidade ata novembro, así como tamén, os Cursos de iniciación á tapicería e apicultura que se ten previsto desenvolver no segundo semestre do ano. Para o desenvolvemento deste programa está a ser fundamental contar cos recursos endóxenos da institución así como o traballo interdisciplinar que se está a desenvolver cos distintos axentes sociais da Comarca da Limia e o tecido asociativo para aunar sinerxias e evitar duplicidades na prestación destes servizos a aquela poboación máis desfavorecida e asolagada polo desemprego de longa duración, ou fóra dos cauces habituais para acceder ao mercado laboral convencional. Con isto queremos sinalar que se traballa para apoiar a inclusión social intervindo con toda a poboación e non só cos sectores máis vulnerables; si que hai no noso medio certos colectivos como o árabe, a etnia xitana, persoas provenientes de países do leste, etc. onde resulta complexo acadar unha inserción laboral dentro dos cauces do mercado laboral convencional; non obstante, consideramos oportuno dignificar ás persoas non só repartindo os alimentos, senón apoiando a súa inclusión social mediante a formación sobre agricultura básica (e apicultura) para autoconsumo e a posta en valor dos produtos locais e, por outra banda, a recuperación de certos oficios tradicionais como é o da tapicería con escaso auxe na actualidade.

Ó CDR “O VISO” LEVA AXUDADO CON REPARTO DE ALIMENTOS E OUTRAS ACCIÓNS A MAIS DE 150...
Comentarios