martes 21/9/21

O CDR O Viso recibe a visita do Dtor. Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidades da Xunta de Galicia.

A noite anterior tamén recibiran a inesperada visita do  “porco bravo” as portas da vivenda

cdr1
Momento da visita ao CDR

O xoves 5 de agosto recibiron en Lodoselo, nas instalacións do CDR O Viso, a visita de Fernando González Abeijón ( Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidades) e de María José Fernández Laso (Xefa Territorial en Ourense de Política Social).
Acompañados por algún membro da Xunta Directiva do CDR O Viso e a Coordenadora comezamos recibindo a nova de que o porco bravo, unhas horas antes, estivera naquel espazo derramando unha parte do millo do país a menos de 10  metros do patio onde a rapazada do Concilia e algunhas persoas maiores do Centro estaban con Pili e Eloi e as educadoras do Campamento ( Andrea, Anabel, Yibela, Alexia e Estela); acababan de recoller hipérico e con aceite facer unha das axudas no botiquín para sanarmos rozaduras, feridas, vinchocas... dadas as propiedades antiinflamatorias, antisépticas, antibacterianas e cicatrizantes desta planta silvestre cunha historia máxica.

cdr2
Demos un paseo por este espazo de estimulación sensorial aprendendo dos bocadiños de saber que nos compartía o Eloi para acabar facendo unhas fotos neste espazo ó aire libre, hoxe algo máis baleiro porque faltaban os verdadeiros animadores deste espazo: os da casa niño. Pero é que este mes están de vacacións.
Despois xa dentro das instalacions do Centro poideron coñecer o traballo que estaban a facer nas distintas dependencias a Saray (Psicóloga) con Inocencio, Elías e José (coa axuda de Aya, moza exipcia que está aquí a través do Servizo de Voluntariado Europeo); A Helena (terapeuta ocupacional) que estaba traballando con María, Estrella e Elisa; a Pablo (Taballador Social), a Sonia (Auxiliar) e a outros participantes (Felipe, Isabel, Miguel...) nas distintas actividades ou descansando sen máis; a Eloi, Maruja e Simona na Cociña onde acababan de preparar as máis de 90 banxexas que o Bruno e o Yedhiel xa estaban a repartir por máis de 40 pobos de 6 Concellos da comarca.

cdr4

VISITA A VIVENDA COMUNITARIA
A continuación fomos ata a Vivenda Comunitaria (A túa outra casa) onde nos estaba esperando a María José pasando antes pola escola (onde comezamos a andaina como asociación en 1985) e finalmente acabamos o percorrido na casa reitoral (coñecendo algunhas dependencias como o fiadeiro, un dos obradoiros do Pobo-escola) e na horta do Carregal (recollendo algúns ovos e tomates no invernadoiro, neste outro espazo educativo).

Sentímonos escoitados e mesmo en sintonía porque en algunhas das cuestións faladas adiantóusenos que se estaban revisando e mesmo que algunha delas xa ía saír corrixida na seguinte convocatoria.


Ó longo destas dúas horas procuramos achegarlles a nosa contribución a un posible modelo de atendión específico para o rural; porque non é trasladable o modelo urbano. A posibilidade deste enfoque á comunidade (sen barreiras, que case sempre aparecen nas convocatoiras: idades, xénero, especificidades de grupo...) con coidados integrais, profesionalizados. Da necesidade de que se valore máis a  Exclusión territorial.

cdr3 Punto pouco puntuado nas convocatorias, desde o noso punto de vista. Así como a valorización das organizacións de base, enraizadas no territorio. Cualidade/cantidade. O tema da Kilometraxe. Permitir outras porcentaxes porque as actuais non nos valen. Mesmo algunha proposta para adaptar mellor algún punto do Manual de xustificaicóns do IRPF. Falamos de "Terra e Xente" a asociación rural da que formamos parte con outras organizacións afíns. Por certo, os 230.000 € dos que fala a nota informativa da Xunta, relatando esta nova, son para esta agrupación de Asociacións coas que acudimos á convocatoria e non só para CDR O Viso.
Sentímonos escoitados e mesmo en sintonía porque en algunhas das cuestións faladas adiantóusenos que se estaban revisando e mesmo que algunha delas xa ía saír corrixida na seguinte convocatoria.

Agradeceron a Fernando e a María José esta visita e sobre todo ó persoal do CDR que cada día, momento a momento segue facendo posible esta utopía.