O "CDR O VISO" xa ten o seu premio Pedra Alta

O "CDR O VISO" xa ten o seu premio Pedra Alta

Foille entregado a Toño o de Lodoselo no acto protocolario en Vilar de Santos.

Como todos os anos, chegado este día o Museo Etnográfico da Limia fai entrega do xa “reputado” premio Pedra Alta 2019.

Cun salón de actos que ano tras ano se fai máis pequeno, como dixo no seu discurso o alcalde anfitrión e presidente de honra Xan Jardón, fíxose entrega do premio. Protocolariamente tocoulle ao Presidente do Padroado, Delfín Caseiro continuar cos discurso no que dixo estar moi ledo co premio deste ano, porque dalgunha maneira, non solo se premia as dúas persoas (cabezas visibles) Carmen e Toño, se non como iso é un microcosmos dentro da Limia, este ano estamos premiando a toda a Limia. Foi despois a Secretaria do padroado Sabela Rodríguez Jardón quen deu lectura a acta na que se acordou por aclamación a proposta do outorgamento a CDR O Viso.

ENTREGA DE PREMIO MULTITUDINARIA

Chegado o momento o estrado quedouse pequeno para recibir nel a todas aquelas persoas que Toño foi chamando para que recibiran elas o premio, porque segundo manifestou, son elas as que fan que o CDR O Viso sexa o que é. E comezaron a subir ao estrado representantes da directiva, traballadores, voluntarios e unha das persoas que viven alí e que é veciña de Vilar de santos ,Estrella. Todos eles foron os encargados de recibir o premio.

Tocoulle logo, por encargo directo do presidente Xosé M. Cid profesor facultade de ciencias da Educación de Vigo en Ourense, facer a “Laudatio” dos personaxes e a súa obra, o cal con moita retranca foi debullando a traxectoria de Toño o de Lodoselo, como todo o mundo o coñece, para ver a súa intervención, prema no enlace seguinte.

https://www.facebook.com/dende.alimia/videos/2465698160378210/?t=2430

INTERVENCIÓN DO PREMIADO

                               Tocoulle por fin a vez ao premiado en nome do CDR, e a súa intervención non puido comezar de outra maneira, coñecendo a bondade da persoa, que pedindo ao público asistente que por favor se puxera de pe, pois seguindo a máxima do CDR de que non existe o EU, se non o NOS- “eu son nos” todos os asistentes nos felicitáramos polo premio que acababa de recibir o CDR Lodoselo.

E como pola súa condición de mestre non podía ser doutra maneira tampouco a súa intervención rematou cun conto pintado en sábenas vellas de súa nai, feito coa colaboración de Carmen, como non podía ser menos e das súas fillas.

https://www.facebook.com/dende.alimia/videos/2465698160378210/?t=3127

Rematado o acto lúdico pasouse ao gastronómico nun restaurante da zona a que asistiron as persoas que así o quixeron, previo escote do prezo do exquisito cocido e que como sobremesa ademais das viandas tiveron oportunidade de escoitar outra vez ao tenor e o seu acompañante, esta vez xa máis distendidos.

Rematado o acto lúdico pasouse ao gastronómico nun afamado restaurante da comarca para degustar entre todos un boísimo cocido e posteriores actuacións esta vez xa en familia de Pavón e Luís Humberto Para ver a súa interpretación prema aquí.