miércoles 3/3/21

O chamamento público dos veciños da rúa Ladeira no dendealimia, parece que xa deu resultados

O Concello mantivo unha reunión cos representantes da compañía eléctrica

IMG_20210207_155023
Rúa Ladeira

Segundo unha nota  na páxina oficial de facebook do Concello, non en nota de prensa, como sería o normal, parece ser que a compañía eléctrica, non ten toda a culpa do que acontece cos cortes continuos de subministro eléctrico dos veciños desa rúa.

 Segundo o comunicado do Concello o problema parece estar nuns sumidoiros de augas que se xuntan nalgún lugar subterráneo cos tubos por onde van os cables de fluído eléctrico.

Na citada reunión, quedaron en que ao longo desta semana se vai a comprobar estas cuestións para darlle solución.

MAIS PROBLEMAS NOUTRAS RÚAS

A rúa San Roque, que conecta a Praza Maior co Parque do Toural, en Xinzo de Limia. | FOTO: Luis Veloso.

Rúa S. Roque (Foto arquivo)

Despois da queixa dalgúns veciños da rúa Ladeira, outros veciños doutras rúas se dirixiron ao noso xornal para relatar o que ocorre na súa rúa, este caso a céntrica rúa San Roque.

Relatan os veciños que é raro que varias veces nunha semana se queden sen luz na propia rúa, cousa que se soluciona, as veces, depende do estado de ánimo da empresa encargada, en dez minutos e outras veces nin en toda a noite.

Parece ser que este caso é mais sinxelo de arranxar, porque tan solo teñen que vir a subir o diferencial do cadro eléctrico da rúa, pero claro, cando isto sucede dúas, tres e catro veces na noite, cánsanse e non veñen.

Os veciños parece que teñen claro de que se trata, loxicamente, nun exceso de consumo que sobrecarga o cadro eléctrico. Pero o que non teñen , ou si, é por que se producen eses consumos máximos, sobre todo en dias de frío....