martes 20/10/20

Charla sobre productos de apoio a persoas necesitadas

Mercores 23 de novembro as 17:00 a cargo de membros da Cruz Vermella de Xinzo

115
115

O vindeiro 23 de novembro Cruz Vermella de Xinzo levará a cabo unha charla- taller informativa sobre productos de apoio dirixido tanto a persoas usuarias como a persoas coidadoras.

Con esta charla-taller o que se pretende é informar e asesorar sobre productos existentes no mercado e que poderían beneficiar a cada persoa no seu día a día segundo as necesidades específicas que cada un presente, polo que se contará con un muestrario para que as persoas vexan como son e como funcionan.

Existen moitos tipos de productos de apoio: productos para a comunicación e información (teléfonos con teclas grandes, varios tipos de lupa...), productos para actividades domésticas (cubertería adaptada, abretarros, abrochabotóns...), productos de hixiene (tabla de bañeira, elevador de wc...) e productos para a movilidade (colchón antiescaras, sillas de rodas...).

Todos eles son instrumentos que axudan a superar as dificultades para o desenvolvemento da vida diaria e facer sobre todo a vida máis doada.

Moi importante confirmar asistencia no telefono 988/46 25 41 ou pasándose pola oficina de Cruz Vermella en Xinzo de Limia situada na Estacion de autobuses, edificio de Servicios Sociais.

Comentarios