Comezou o ciclo de conferencias cuxa base é o empoderamento da muller en xeral e da muller galega

programa
Comezou o ciclo de conferencias cuxa base é o empoderamento da muller en xeral e da muller galega
Organizadas pola Asociación Escola Rural de Saúde da Limia

A Asociación Escola Rural de Saúde dá Limia iniciou onte 22 febreiro un Ciclo de Conferencias cuxa base é o empoderamento da muller en xeral e da muller programagalega en particular a partir de encontros internacionais no que se aborden situacións que son preocupación non só da muller, senón de toda a sociedade, pero que a muller encara porque é o seu xénero o que condiciona o afrontamento das circunstancias tan complicadas que lles toca vivir en ocasións, sobrevindas ademais co tema da pandemia e o confinamento.
Abrimos con "Xénero, coidados e afrontamento dos trastornos de ansiedade" Os coidados e a dependencia recaeu tradicionalmente sobre a muller, e a situación actual Covid-19 require tamén un enfoque de xénero á hora de reducir desigualdades. Foi o psicólogo clínico D. Jorge Pantoja Alvarez (Chile) quen compartiu a súa ampla experiencia na abordaxe á ansiedade, de maneira teórica e práctica, xa que é experto en situacións de emerxencia por catástrofes e dentro do ámbito dos Dereitos Humanos.
No encontro participou tamén a psicóloga da asociación Rosa Rodríguez e a enfermeira Elisa Cadaya, coa súa experiencia na atención a enfermos de covid-19.

Destacar tamén a ampla asistencia de auxiliares de axuda a domicilio e institucións, coa expectativa de como abordar situacións de tensións e ansiedade coas que en ocasións, se atopan no desenvolvemento do seu traballo.

Na Escola Rural de Saúde estamos moi satisfeitas coa participación de 28 mulleres desde cinco países na primeira xornada. Daremos continuidade ás conferencias de maneira semanal, cun Foro sobre “Fortalezas, debilidades e emocións”, será o 3 de marzo no que están confirmada a participación de Marcia Diéguez, Directora Cultural do Centro Español de Santos, SP (Brasil), María Fernanda Lores, directiva da Federación de Asociacións Galegas de Arxentina e Marisela Romero, psicóloga experta en igualdade de xénero entre outras.

O 8 de marzo, Día da Igualdade da Muller, a relatora será Dna. M. Dores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, que nos falará da apertura da institución e a abordaxe da tríada muller-igualdade-violencia tamén desde a súa ampla experiencia como xuíza.

Irase ampliando a información, xa que está previsto continuar coas conferencias durante varios meses e estase pechando a participación de profesionais da saúde para abordar diferentes patoloxías desde o punto de vista do xénero como condicionante. A asistencia ás conferencias é gratuíta previa inscrición a través do e-mail da asociación escolaruraldesaudedalimia@yahoo.es ou do teléfono 603784435