lunes 30/11/20

Comezou o prazo para a inscrición de comercios na campaña do comercio en Nadal

O concello de Xinzo organiza a Campaña NADAL 2020 do comercio local en colaboración con ProLimia.

Calendario campaña NADAL 2020
Calendario campaña NADAL 2020

As características principais e diferenciadoras coas campañas anteriores son:

A primeira o importe total en premios que nesta campaña ascende a 9.900 € en tres semanas

Cada semana estará diferenciada por colores e sortearase cada luns da seguinte os premios da semana anterior consistente en 3.300 € en vales de compra no comercio local.

Os cartos dos diferentes vales terán que gastarse dentro desa mesma semana.

O concello quere desta maneira impulsar as compras no noso comercio e que ninguén se vaia a outro lado a facer as compras de Nadal.

O premio de 1.000 €, un cada semana é o suficiente alto para que a xente se decida a mercar en Xinzo.