COMUNICADO DE PÉSAME

Torre_de_Vilanova +lazo
COMUNICADO DE PÉSAME

En nome do Padroado da Fundación Curros Enríquez quero transmitir o noso profundo pesar polo falecemento de D. Adolfo Enríquez Méndez, párroco de Vilanova dos Infantes.

En nome do Padroado da Fundación Curros Enríquez quero transmitir o noso profundo pesar polo falecemento de D. Adolfo Enríquez Méndez, párroco de Vilanova dos Infantes.

Desde os últimos anos D. Adolfo estivo en constante colaboración coa Fundación Curros Enríquez na atención dos grupos que incluían a visita á Virxe do Cristal durante a xornada que pasaban en Celanova.

Queremos destacar a cercanía con que trataba a todo aquel se achegaba a Vilanova dos Infantes, con devoción ou simple curiosidade, para coñecer a imaxe. Inesquecible será a súa constante disposición e as súas humildes demostracións de coñecemento, tanto da Virxe do Cristal coma do fermoso Cristo románico presente na igrexa parroquial de Vilanova, que o convertiron nun axente turístico máis da Fundación e do Concello de Celanova.

Outra das súas cualidades que nos gustaría salientar era a súa facilidade para despertar o interese intelectual e conseguir trasmitir o cariño propio e da parroquia pola Virxe do Cristal. Este acerto divulgativo precisamente fainos ser tamén receptores de numerosas mensaxes de centros escolares que desexan \“transmitir a súa conmoción, pola morte do párroco de Vilanova dos Infantes, ante a imposibilidade de facelo doutra maneira\” rogando \“que así llo comuniquen á súa familia e parroquia de parte do alumnado e profesorado do noso centro\”, tal e como nos escriben desde o IES Pedra da Auga de Ponteareas, petición a que se suman profesores do IES Val Miñor de Nigrán e do CPR Amor de Dios de Vigo, último centro atendido por D. Adolfo en febreiro.

Estrañaremos oir de novo cómo explicaba o cariño que Curros tiña pola Virxe do Cristal, a súa historia, o seu misterio, cómo animaba a reler o poema para que a visita ‘tivera máis sabor’, as sorrisas que despertaba ante a imaxe e, sobre todo, cómo remataba tan sorprendente visita na propia rúa recitando os versos de ‘Aires da miña terra’

Era unha pedriña pedra,
era unha pedra pedriña,
como un ovo de galiña,
tallado en fino cristal;
unha pedra primorosa,
elíptica, limpa, pura,
de artificio e soldadura
sin xiquera unha sinal.

Non podemos máis que reiterar o apoio á familia e parroquia de Vilanova dos Infantes e lamentar profundamente este feito.

Descanse en paz


O PRESIDENTE
José Luis Ferro Iglesias