martes 21/9/21

O Concello e a Fundación SEUR firmarán un convenio para financiar tratamentos médicos infantís ca reciclaxe de tapóns

Tapóns para unha nova vida

tapones
Contedor de tapóns na praza Carlos Casares

“Tapones para unha nova vida” é proxecto estrela da Fundación SEUR, que xa ten en Xinzo de Limia outro apoio. Nesta semana colocouse na praza Carlos Casares un contedor para a recollida das tapas de plástico, que permanecían almacenadas na entrada da casa consistorial. A iniciativa permitirá financiar tratamentos médicos e ortopedias para nenos e nenas que o precisen. Ademais, ca reciclaxe evitarase a emisión de CO2, principal gas causante do cambio climático.