jueves 15/4/21

Concentración no día da árbore na Praza Maior de Xinzo

Cunha forte vixilancia por parte de membros da Policía Local e da Garda Civil o colectivo dos “amigos das árbores” secundaron a convocatoria que ADEGA fixo en todo Galicia.

IMG_20210321_120908

A media mañá de onte (domingo) dúas  ducias de persoas concentráronse na praza Maior de Xinzo, secundando a convocatoria que fixo ADEGA a nivel galego para rexeitar a política forestal que está a levar a Xunta de Galicia, segundo os convocantes.

IMG-20210321-WA0008

Despois da lectura do manifesto, os convocados trasladáronse ata o parque do Toural para facer a plantación dun “Prunus Lusitánica”, árbore da raia do Xures, nun lugar “sinalado” do parque e 20 máis  de diferentes especies, ao longo do mesmo.

IMG-20210321-WA0005IMG_20210321_121256IMG_20210321_121024