domingo 20/6/21
Venres 14 ás 10h diante da Casa do Concello de Xinzo

Concentración en protesta pola violación do dereito a negociación colectiva

Logo de tentar chegar a un entendemento coa actual Alcaldesa, non conseguimos que a rexidora atendese ningunha das nosas propostas
CIG

O sistema de negociación do equipo de goberno, que consiste  en chegar a acordos con determinados grupos profesionais  do Concello, non só viola o dereto á negociación colectiva,  maís tamén  produce  discriminación entre os trabaIIadores/as; posto entanto que á minoría lle son outorgados novos dereitos, a maioría lle son conxelados.

Mais o contrario decidiu levar ao Pleno os orzamentos de 2021 sen aprobación sindical incluindo acordos con certos grupos do persoal, malia os reparos da Secretaria Municipal. 

Diante desta situación. que a CIG considera unha violación do dereito a negociación colectiva e do principio de igualdade e non discriminación, anunciamos a movilización que terá lugar este venres e que representa un paso que terá continuidade con outras accións no caso de que o grupo de goberno non modifique a actual actitude sindical.