O conservatorio de música de Xinzo despide o curso cun concerto na Casa da Cultura

Festival conservatorio2
O conservatorio de música de Xinzo despide o curso cun concerto na Casa da Cultura

O profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia organiza o clásico concerto de fin de curso que terá lugar na tarde do venres.

A intención é preparar ó alumnado para interpretar diante o público, motivar e incentivar a formación de futuros alumnos e dar a coñecer as aptitudes musicais adquiridas durante o curos.

O acto está dirixido polos profesores Elena Domínguez Rodríguez, María Martínez Pinal, Esmeralda Marra López, Jesus Dopazo Amorín, Eliseo Penín Rodríguez, Roberto Seara Abad, Nieves Llopis Tormo e Cristina Vázquez Canal.

Os alumnos e alumnas interpretarán diversos e coñecidos temas como "la bamba" o "the eye of the Tiger".

Con motivo de tal evento musical tamén se fará entrega da orla final de grado a todos aqueles que no presente curso remataron o Grao Profesional.

O concerto comezará a partir das 20h no salón de actos da Casa da Cultura.